Espazo de Troco inicia unha nova andaina e queremos convidarte a construila connosco.
Despois do descanso do mes de febreiro temos novidades! Espazo de Troco ábrese á venda de segunda man, de xeito que a maiores do troco e o espazo de cesión, a partir de agora tamén se poderán mercar e vender obxectos usados.
A xestión dos produtos e o tipo de intercambio (troco, cesión ou venda) dependerá exclusivamente das persoas que veñades e do que acordedes entre vós, seguindo unhas normas básicas que podedes consultar en anexo.
Vémonos o vindeiro martes 12 de marzo no Mercado entre Lusco e Fusco, nas terrazas de Belvís, entre as 19.30 e as 20.30!
Nós poñemos o sitio, ti o contido: trae todo o que se che ocorra!
Tróca-te, tróca-nos!