11 de febreiro: frondosas e filloas en Froxán

No domingo de entroido plantaremos varios centos de castiñeiros, pradairos, sobreiras, ameneiros e freixos no Chán de Avelán, nunha zona na que xa eliminamos o eucalipto e acacia en 2023 e que foi adquirida pola Fundación Montescola co apoio da Deputación da Coruña para a súa rexeneración ambiental e conservación.

A xornada comezará ás 9:30 e convidámosvos a virdes con roupa apropiada para tan asinalada data. Para o xantar de albaroque teremos as célebres filloas de Carmucha. Tamén continuaremos cos traballos de recuperación da Taberna da Revolta Nova, futuro punto de encontro das Brigadas. O punto de encontro será o estacionamento do “Cuartel da Revolta” no Chán de Avelán, aonde se pode chegar seguindo as indicacións ao Museu Mineiro San Finx. O lugar da intervención está a poucos metros. Na zona hai tamén un parque infantil.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o xoves día 8 de febreiro. Por favor, inscríbite só se podes vir.

VÉMONOS NO MONTE!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.