12 Meses, 12 Saberes – Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio
O domingo 10 de novembro organizamos unha visita ao Complexo dunar de Corrubedo na que observaremos varios dos elementos que fixeron deste espazo unha Zona de especial conservación pertencente á Rede natura 2000:
- Duna móbil, para entender a dinámica dunar e a flora que alberga;
- Lagoa do Carregal, unha lagoa salgada chea de vida que reflicte a riqueza biolóxica do espazo;
- Avifauna, tanto na costa como na lagoa
Será un roteiro de 6 quilómetros ao longo dun percorrido de dificultade baixa.
.Data: domingo 10 de novembro, de 11:00 a 14:00
.Punto de encontro: aparcadoiro de Olveira – 42°35’06.6″N 9°02’40.0″W
Inscrición: A partir do mércores 30 estará aberta ás socias, que terán preferencia ata o día 3 de novembro. A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos.
Trackbacks/Pingbacks