Os sábados 1 e 15 de Xuño retomamos as actividade de restauración ambiental no río Couso (O Porriño) mediante a retirada de residuos e a extracción de especies invasoras

A OMIX do concello do Porriño e a Asociación Ecoloxista Verdegaia continuan o traballo encamiñado a recuperar o estado natural do treito final río Couso, tamén coñecido como Fonteliño, mesmo ao carón do paseo do Louro no Porriño.

O sábado 1 de Xuño, ademais de recoller lixo e eliminar algunhas especies invasoras, aproveitaremos o esplendor que as plantas presentan nesta época da Primavera para realizar un safari fotográfico. O safari consistirá en fotografar o maior número de especies diferentes neste treito do río Couso. A fotografía que mellor recolla a esencia deste ecosistema será agasallada con unha camisola na seguinte xornada, o 15 de Xuño.

Nesta actividade iremos demostrar como moitas veces, perante a pasividade das administracións, a recuperación de espazos naturais é posible contando simplemente co traballo voluntario e comunitario dos propios veciños.

Programación

Data: sábado 1 de Xuño, de 11 a 13h.

Punto de encontro: rúa leandro Diz, 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren)

Inscrición: gratuíta en omix@oporrino.org ou 675 355 469