O pasado 3 de novembro asinamos este Manifesto xunto con outras entidades de todo o estado. Este chamamento vén de sumarse a outros existentes no noso territorio como a recente constitución da Plataforma por un Rural Vivo que loita contra os proxectos macroeólicos que se están a desenvolver en moitos lugares do noso territorio.

Esta campaña non pretende discutir a necesidade de abordar unha transición no modelo enerxético, nin cuestionar a enerxía eólica como medio de aproveitamiento dun recurso limpo. O obxectivo é a preservación dos usos e valores que atesouran estas áreas de montaña, probabelmente os espazos menos humanizados e, por iso, reservas de biodiversidade e localización principal das áreas protexidas nas súas diversas formulacións (Parques Naturais e Nacionais; Rede Natura 2000)

  • Acreditamos como algo imprescindíbel, que a planificación e a ordenación territorial debe guiar a implantación das enerxías renovábeis baixo criterios de minimización do impacto ambiental, de eficiencia e de sustentabilidade. Esta implantación non pode ficar en mans dos intereses empresariais das corporacións, agora adicadas ao filón enerxético.
  • Cremos que nesta planificación hai que reforzar o peso da conservación da paisaxe e do patrimonio natural e cultural, tal como se indica desde o ámbito científico, que insta a conservar e a recuperar as áreas naturais menos explotadas como garantía de futuro para toda a humanidade.
  • Os criterios de eficiencia energética deben priorizar a localización da produción o máis próxima posíbel aos grandes focos de consumo urbanos e industriais.
  • As montañas cantábricas, debido ao seu innegábel valor ecosistémico e ao expolio ao que foron sometidas recentemente, deben ficar excluídas da implantación dos máis de 20.000 MW de potencia eólica planificados até o 2030 e de calquera das súas infraestruturas asociadas.