Xornadas sobre os montes galegos Terra Viva

Xornadas sobre os montes galegos Terra Viva

Con motivo dos recentes incendios en Vigo, producíronse reunións de diversos colectivos e persoas individuais que deron lugar á Plataforma Terra Viva.

Esta plataforma está formada por: BNG, CIG, CUT, EQUO, LAGARES VIVO, MAREA DE VIGO, PODEMOS XERACIÓN MORADA e VERDEGAIA.

Decidiuse organizar unhas xornadas sobre as causas, consecuencias, extinción, estado do monte e, sobre todo, alternativas posibles e experiencias positivas.

Convidámosvos a todas e a todos a participar nesta xornada que terá lugar o 16 de decembro na Asociación de veciños Val do Fragoso (Rúa Val Miñor, 1, Vigo), na que falarán diversas persoas representantes de distintos puntos de vista a respecto da natureza e do rural. 

Achegamos o cartaz da xornada.