A asociación Coto do Frade e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) organizan unhas xornadas sobre a xestión de residuos en Galicia e na comarca do Ribeiro que decorrerán os días 21 e 22 de decembro no Centro Comarcal de Ribadavia. As xornadas teñen lugar no momento en que a Consellería de Medio Ambiente da Xunta está a reformular o modelo de xestión de residuos  e  preséntanse como unha oportunidade para analisar criticamente a xestión actual dos residuos e para achegar experiencias positivas neste eido. Máis información sobre as xornadas na web da FEG.