A Federación Ecoloxista Galega (FEG), xunto coas asociacións ADENCO e APDR, organizou para os sábados 29 de setembro e 6 de outubro na cidade de Pontevedra unha xornada formativa na que se amosarán as ferramentas que o Dereito Ambiental fornece a calquera persoa ou asociación preocupada pola protección do medio.

As xornadas pretenden servir de base ao ecoloxista activo e ao cidadán concienciado sobre a necesidade que temos de coñecer a diferente normativa que está á nosa disposición e que moitas veces descoñecemos. Que facer? Que ferramentas xurídicas utilizar? A que autoridades recurro? A cuestións como estas tentarase dar resposta dividindo en varias áreas competenciais as xornadas, abordando dende a normativa comunitaria á municipal, pasando polas competencias estatais e autonómicas, que se complementan con experiencias prácticas.

As xornadas, que terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os sábados 29 de setembro e 6 de outubro, contan con poñentes procedentes das Facultades de Dereito das tres Univesidades galegas, xunto cun asesor de Ecologistas en Acción e o Fiscal para o Medio Ambiente de Galicia.

Para a asistencia ás xornadas é imprescindíbel inscribirse mediante contacto previo coa Federación Ecoloxista Galega, ben por teléfono (981 575 444) ou correo electrónico (feg@federacionecoloxista.org).

Descarga o folleto co programa e a ficha de inscrición:

feg_trp_dereito_anverso

feg_trp_dereito_reverso