xornadas animalistasVerdegaia vai participar desta actividade organizada polas asociacións Abeiro e Adega o sábado 21 de febreiro en Compostela.

Non é nada novo pero son xa moitos os casos acumulados nos últimos meses de agresións e asasinatos de animais domésticos na comarca, entre os que tivo certa repercusión mediática o acontecido con Calcetíns, un gato asasinado na zona de Sar dun disparo. Gatos envelenados, aos que se lles mesturan cristais con alimento, queimados, tiroteados, etc. A falta de probas e certa impunidade facilita este tipo de actuacións. O papel das veciñas e veciños, unha outra sensibilidade de cara aos animais, domésticos ou non, lexislación e investigacións axeitadas poderían mudar algo este panorama. O sábado poderemos reflexionar sobre todo isto e outras cuestións relativas a como evitar o maltrato humano cara os animais.