parqueeolico_galicia.jpgA Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que fai parte Verdegaia, organiza seis palestras temáticas e unha mesa redonda sobre enerxía eólica o vindeiro sábado 25 de febreiro en Vigo. A actividade comezará ás 17 h. no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado), sito na rúa Areal, 46. As palestras durarán aproximadamente media hora cada unha e a mesa redonda comezará ás 20 h.

Os relatores son:

  1. Emilio Menéndez (Universidade Autónoma e Politécnica de Madrid). Enerxía eólica e avaliación de impacto ambiental.

  2. Damián Copena (Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo).A economía da enerxía eólica e a guía para propietarios de terreos afectados por parques eólicos.

  3. Xosé Veiras (Verdegaia). A implantación da enerxía eólica en Galicia.

  4. Mariano Tomás (activista do movemento antieólico de Valencia). A loita valenciana contra proxectos de enerxía eólica.

  5. Iván Novoa (técnico instalador de enerxías renovables). Eólicos de pequena potencia e usos complementarios dos recursos enerxéticos.

  6. Paula Vidal (Amigos da Terra). A experiencia do centro de educación ambiental das Corcerizas.

 

mesa_redonda_sobre_a_enerxa_elica_25-02-2012.jpg