Verdegaia, A Esmorga e Semente cremos que a estratexia de loita contra os lumes debe constar de catro eixos básicos: o estudo profundo das causas e a persecución intensa dos incendiarios; a aposta forte pola prevención; a mellora da extinción e unha nova política de montes sustentable. Para levala á práctica é imprescindible que haxa máis intervención dos poderes públicos (máis investimentos, máis montes de xestión pública…), máis participación social e un amplo pacto que una á sociedade galega contra os lumes.

Dentro deste afán ou desexo de máis participación da sociedade na solución deste grande problema, apostamos por organizar grupos de vixianza no monte, se queres axudar, apúntate nesta iniciativa que desenvolveremos no concello de Ourense até o 15 de setembro. Apóntate por teléfono no 637 74 88 59 (David), 639 44 44 26 (Óscar), no correo electrónico ourense@verdegaia.org ou no Local da Esmorga a partir das 20:00 horas

Sabemos que o voluntariado é unha forma de participación da sociedade e temos claro que nunca pode utilizarse para substituír o traballo profesional nin as obrigas das administracións. Nós entendemos o voluntariado forestal como axuda á prevención dos lumes, para a recuperación e valorización do medio que nos rodea… en fin, para darnos conta de que non somos alleos ao País no que vivimos.

voluntariadoforestal_1.pdf Ficha Voluntariado Forestal.pdf