A Rede Vigotroca, composta por Amarante, Árbore, Caleidoskopio, De Leite e Verdegaia, invitamosvós este luns, día 27 ás 20.30 na Cova dos Ratos a presentación da revista Opcions e o CRIC (Centro de recursos e información en Consumo) e a un posterior coloquio sobre consumo consciente.

O CRIC (Centre de Recerca i Informació en Consum) é unha asociación sen ánimo de lucro que se adica a promoción do consumo consciente a través da súa revista Opcions, e mediante charlas e obradoiros.

Son pioneiros no Estado español en ofrecer información e alternativas reais ao modo de consumo insostible actual.

Estará connosco a súa presidenta, Montse Peirón, é será unha boa oportunidade para coñecer este proxecto tan interesante, ademáis de poder compartir un dialogo cunha persona tan preparada no eido do consumo.

Lembrade, hoxe, luns día 27 de abril ás 20.30, na Cova dos Ratos, Presentación-Coloquio do CRIC, na Cova dos Ratos.

Estades todas invitadas.

 

options.jpg