entulloscabazas1.jpgVerdegaia (NC Ferrol) denuncia o verquido de importantes candidades de entullos no Humidal Protexido das Cabazas (Ferrol) ocasionando a degradación puntual do ecosistema. O sitio forma parte do Dominio Público Hidráulico e está calificado como Zona de Conservación e protección de Costas e Praias.

entulloscabazas4.jpgO contido de arredor de 30 camións de grandes dimensión foron descargados en pleno humidal das Cabazas cos entullos procedentes dun desmonte. Estas prácticas tan irresponsábeis deben ser correxidas, polo que presentamos senllos escritos perante o delegado provincial de Medio Ambiente e o Alcalde do concello de Ferrol. Alén da retirada integral dos entullos, pedimos a depuración de responsabilidades para impedir novos verquidos ou calquera outro tipo de agresións a estes espazos. Cabe destacar que o Humidal das Cabazas figura entre os terreos que o Ministerio de Medio Ambiente ten previsto mercar na provincia da Coruña para a súa mellor conservación e que a Consellería de Medio Ambiente pensa concederlle unha figura de protección maior debido ao seu interese ambiental. Por todas estas razóns cómpre estremar a vixiancia desta zona.