Verdegaia solicita publicamente mediante a apresentación dun escrito dirixido ás Concellalías de Vías e Obras, Medio Ambiente e Parques, Montes e Xardíns que non se realicen máis talas de árbores nas obras de humanización que se están a levar a cabo en diferentes rúas de Vigo xa que a parte de acabar coa vida desas árbores estase a restar un valor engadido a cada unha das rúas a humanizar en cuestión.

Ademais, en datas recentes taláronse árbores neste tipo de obras sen contar co pertinente permiso como foi o caso dos falsos plataneiros da “rotonda de Peritos”.

As árbores son seres vivos que teñen impotantes funcións nas rúas das cidades como constituír auténticas depuradoras do ar contaminado, albergar niños de aves e acubillos doutros organismos, ter un efecto estético importante que chega a romper coas xeometrías rectilíneas da arquitectura urbana causando un efecto relaxante, moitas veces incosnsciente nos cidadáns, entre outras.

As árbores que hai nas rúas a humanizar son un valor engadido e non un estorbo

Por estos motivos, dende a nosa asociación cremos que con estas talas só se está a devaluar a calidade das rúas a humanizar, ou máis ben a deshumanizar.

Por outra banda solicitouse que se desestime a idea de talar 450 choupos na Avenida de Castelao e no río Lagares e sustituilos por especies autóctonas argumentando que causan problemas de alerxia cando soltan o seu froito a finais da primavera, razoamento totalmente falso.

Xa por último solicitouse que se retirasen as mimosas (Acacia dealbata) da ribeira do río Lagares. O Concello de Vigo realizou un plantío con esta especie invasora, primeiro na Avenida de Castelao e logo na ribeira do río Lagares, feito que se contradí frontalmente co argumento de talar choupos para sustituílos por especies autóctonas.