incendio valAs organizacións SLG (Sindicato Labrego Galego), AGA (Asociación Galega de Apicultura), VERDEGAIA e Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume queremos manifestar públicamente:

1º.-A nosa solidaridade coas persoas vítimas polo Gran Incendio que leva arrasadas maís de 1000 hectáreas no Barco de Valdeorras e mui en especial con aqueles que tiveron que ser atendidas polos servizos de urxencias sanitarios ou perderon as súas casas e enseres. Tampouco queremos esquecer os veciños e veciñas dos outros incéndios activos en Lugo e en Ourense.

2º.-Denunciar a inoperancia da Xunta de Galicia para preveer e extinguir os incéncios forestais que se estan a converter nunha autentica praga que esquilma o medio ambiente forestal, produce grandes perdas económicas e pon en perigo a integridade física das persoas, cada vez con máis frecuencia.

3º.-Denunciar a política da Xunta de Galicia que aposta por medidas contrarias á explotación racional do monte e favorece de xeito indirecto a pragas dos incéncios forestais; boa proba desto e a recente aprobación da Lei de Montes ou o borrador do cultivos enerxéticos forestais.

4º.-Denunciar as políticas da unión europea, goberno central e Xunta de Galicia que tenden ao abandono do medio rural co peche de explotacións agrarias e gandeiras convertendo esta políticas nun dos factores fundamentais na expansion dos incéndios forestais e na imposibilidade do seu control.

5º.-Denunciar a reducción nas partidas orzamentais na prevención e na extinción de incéndios que o goberno do Sr. Feijoo ven facendo o que conleva menos medios materiais e humans para o control e a prevención dos incéndios forestais.

6º.-Trasladar a opinión pública que as 4 organizacións decidiron sumar os seus esforzos e criar unha organización nacional galega permanete que teña como fin vixiar, debater, propoñer, denunciar e movilizar no intento de forzar actuacións e medidas políticas que rematen dunha vez coa praga incendiaria que todos os anos asolan Galiza e que nos últimos 40 anos suman tantas hectáreas como se o territorio galego tivera ardido unha vez na súa totalidade.

7º.-As 4 organizacións facemos un chamamento á sociedade civil e as distintas organizacións (culturais, deportivas, veciñais, sindicais, políticas, cooperativas, persoas a titulo individual, ….) para organizarse e movilizarse e presionar as distintas instancias administrativas e políticas para que dunha vez por todas se tomen as medidas precisas para combater e preveer de xeito efectivo a praga dos incéndios forestais na Galiza.