O Núcleo Comarcal de Compostela de Verdegaia participa na celebración do Día internacional do comercio xusto promovida en Santiago pola ONGD Amarante. Faino organizando un novo mercado de troco, desta vez de roupa. Será na Praza Roxa o próximo sábado 12 de maio  pola mañá.

A celebración do Día internacional do comercio xusto enmárcase na Semana Galega de Comercio Xusto que promove Amarante en todo o país. Verdegaia-Compostela súmase a ela organizando un mercado de troco de roupa usada na Praza Roxa o sábado pola mañá, a partir das 11:00 h.

Máis información:

Programa do Día do comercio xusto en Santiago.pdf

O troco, un novo xeito de consumir