Verdegaia celebrou Sábado 15 de Marzo, en Vigo, a súa II Asemblea Xeral, na que, ademais de debater e aprobar informes, planos e orzamentos, procedeu a renovar a súa Comisión Coordenadora Xeral. A II Asemblea Xeral de Verdegaia estivo caracterizada polo debate tranquilo e ten como nova máis destacábel a renovación do seu máximo órgao de goberno entre asembleas, a Comisión Coordenadora Xeral. 

A Comisión Coordenadora Xeral está integrada polas cinco persoas que compoñen a Comisión Permanente, @s responsábeis de Área de Traballo e un representante de cada Núcleo Comarcal. Comisión Permanente e Responsabilidades de Área foron renovadas nesta asemblea ficando como segue:

Nome

Comisión Permanente

Áreas de Traballo

Sonia Couso

Coordenadora Xeral

Begoña Carrera Ríos

Vicecoordenadora Xeral

Xosé Maria Garcia

Secretario Xeral

Paz e Globalización

Diego R. Vieites

Vicesecretario Xeral

Biodiversidade e Territorio

Xan Duro

Tesoureiro

Enerxía e Transporte

Miguel Pardellas

Educación Ambiental

Óscar Freire

Forestal

Antón Fortuna

Litoral

Paula Lubián

Resíduos

Xan Duro, Coordenador Xeral de Verdegaia ao longo destes dous primeiros anos de vida da asociación, deixa este posto de responsabilidade para se ocupar da Tesouraría, asumindo a coordenación xeral de Verdegaia Sonia Couso. As Áreas de Traballo de Litoral e Residuos son de nova criación. A renovación da Comisión Coordenadora Xeral será completada coa das Comisións Coordenadoras Comarcais (nestes momentos 4: Ferrol, Compostela, Vigo e Ourense).

A II Asemblea Xeral de Verdegaia, ademais, debateu e aprobou os informes de organización, actividades e económico do período 2007-2008 e Plano de Comunicación e Formación, Plano de Traballo, Plano de Xeración de Fundos e Orzamentos 2008-2009.