pancartaO pasado 25 de novembro membros de Verdegaia Ourense realizaron unha plantación simbólica de árbores autóctonas para reclamar a utilización deste lugar sen urbanizar do corazón da cidade, coma espazo verde. Esto fronte ao intento da Deputación ourensana de promover a especulación inmobiliaria no mesmo.

 

Este foi o manifesto que explica a vontade da actividade:

 

O nivel de desenrolo dunha cidade non se mide nen pola cantidade de grandes rañaceos, nen polo número de centros comerciais,  nen polos seus campos de golf, nen polas súas urbanizacións de luxo…O nivel de desenrolo dunha cidade vese na posibilidade que teñen os seus habitantes para poderse desenrolar como persoas.

 

Un dos planos onde se produce ese desenrolo é no do tempo de lecer, o tempo de descanso. Todos e todas precisamos de espazos onde evadirnos da realidade ordinaria, espazos onde non entre o ruido, espazos onde non entre o fume do trafego, espazos onde poida xogar a rapazada, namorarse a mocedade e pasear  as máis vellas e vellos. Espazos que nos devolvan o estado natural que perdimos, facéndonos esquecer por un momento a cidade menos humana.

 

A Finca da Deputación podería servir para estes fins, e de nós depende que non poida máis a codicia dos especuladores .

 

Eu aquí vexo moitas árbores e moita herba e moitas flores, e uns nenos xogando o fútbol sen medo a caer e mancarse contra o cemento ou a pedra, e a unhas vellas sentadas nun banco á sombra dunha grande árbore fuxindo da calor do verán, e a unha nai e a un pai ensinándolle a súa filla distintos tipos de paxaros, e a uns mozos xogando a porca ou a billarda, e a unha parella de noivos tumbados na herba xogando a buscarlle formas as nubes,….

 

Tamén vexo un espazo que amabilice a temperatura estival, que reteña un pouco de humidade e que limpe o aire saturado de tubos de escape e chimeneas pompidu.

 

Pero todo o que eu vexo só será posíbel se a cidadanía ergue a súa voz contra o proxecto especulativo-urbanizador que se nos propón dende a Deputación.

 

As voces de “E que fan falla máis pisos”, eu respondo “A xente marcha de Ourense”.  As voces de “Pero vai xenerar riqueza”, eu respondo “Cun parque xenérase unha riqueza maior e máis repartida, e senon que llo pregunten os que teñan a carón dún unha casa”.  As voces de “Pero estamos xa rodeados de verde”, eu respondo “Si, pero non é omesmo estar arrodeados que estar integrados”.

 

Hoxe estamos aquí para comezar a facer realidade un desexo, ter un grande parque municipal. As primeiras árbores van por conta nosa.

 

Hoxe estamos aquí para trocar un nome. Para que a A Finca da Deputación sexa O Parque de Mariñamansa.