No marco da Semana Europea da Mobilidade, Verdegaia está levando a cabo unha actividade de ámbito galego que consiste na comparativa de medios de transporte (custos económicos e ambientais). En Ourense farase o martes 23 de febreiro ás 20:00 h. con saída na Praza Maior.

Desde alí iremos ao Paco Paz/ Expourense. 

Logo ó centro de saúde de Xoán XXIII.

Finalmente, do centro de saúde ao local de Verdegaia e Amarante (Avenida da Habana, 64). 

Os medios de transporte son: a pé, bicicleta, autobús, moto, taxi e coche. 

O ano pasado a bicicleta foi a gran gañadora tanto en tempo como en custos económicos e medioambientais. 

Haberá que agardar a este martes para ver quen gaña desta vez! 

Ademais, o informe que resulte da actividade entregarase na Masa Crítica que terá lugar o 25 de Setembro.