eifonso02.jpgVerdegaia organiza un roteiro denuncia pola construcción dunha depuradora ilegal en Pazos de Borbén o vindeiro domingo 18 de marzo.  Trátase dunha depuradora compacta colocada sen autorización da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) na zona de servidume para uso público do rego de Riamonte, afluente do rego de Borbén. A CHN acaba de denegar a autorización de vertido por incumprimento dos obxectivos de calidade e está a tramitar un expediente sancionador que coidamos rematará coa imposición dunha multa ao Concello de Pazos de Borbén e a obriga de retirar a instalación.

      Saíremos  do Kiosco da Praza de España (de Vigo) ás 11:00 h.  

     O itinerario previsto é o seguinte: Pazos, depuradora ilegal de Pazos, rego Riamonte, rego do Pozo-rego de Borbén, Muras e Xunqueiras.  

     O percorrido realizarase a pé coa axuda dun guía da Asociación e outro nativo de Pazos que darán explicacións precisas sobre os diferentes aspectos (biolóxicos, etnográficos, xurídicos,…) das zonas visitadas ó longo da xornada.  

     O roteiro durará todo o día e cómpre levar comida, calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, a inscripción é obrigatoria no teléfono 670784919 e é aberto e gratuito para todas e todos.

   Para máis información: vigo@verdegaia.org