No próximo mércores 5 de Marzo, ás 20 h,  terá lugar no centro social O Pichel de Santiago (rúa Santa Clara, 21) unha proxección do documental "Unha lousa sobre o Courel", organizada por Verdegaia-Compostela. No final da proxección haberá un coloquio con Henrique Banet, director do filme.

namchefilms_i000012.jpgUn dos espazos naturais con maior biodiversidade de Galicia e da Península Ibérica está a piques de ser convertido nunha zona mineira. A táctica para conseguilo baseouse en desinformar a poboación para dividila entre os que defenden a canteira e os que apostan por un desenvolvemento sustentable e queren un Parque Natural. "Unha lousa sobre o Courel" pretende romper o muro de desinformación "interesada" que se foi tecendo arredor da canteira da Campa.

Máis información:

Web de "Unha lousa sobre o Courel"