riapontevedra.jpgO núcleo comarcal de Verdegaia en Pontevedra cre que o proxecto de bulevar para as Corbaceiras presentado polo concello durante a semana da mobilidade, a partir de Quiroga Palacios, é unha nova agresión á ría xa que non faría máis que consolidar a ocupación do terreo costeiro iniciado na década dos cincuenta coa autovía Pontevedra-Marín e coa implantación das empresas Celulosas e Elnosa e posteriormente co trazado de tren ao porto de Marín.

Verdegaia considera que a recuperación da ría pasa non so por facer desaparecer as empresas Celulosas e Elnosa senón que ademais é necesario definir a antiga liña de costa pola estrada PO-546 que une Marín con Pontevedra.

O bulevar previsto no seu tramo posterior a saída da cidade ( desde a altura de Quiroga Palacios ata a rotonda de Malvar ) suporía consolidar este espazo ocupado ao mar. De feito se anuncia a súa continuidade con posterioridade.

Verdegaia ten serias dudas do futuro destino dos terreos agora ocupados polo complexo ENCE-Elnosa xa que é moi probable que intereses especulativos traten de urbanizar os mesmos, vendendo as parcelas como zoa privilexiada cara á ría, e sacando con iso unha boa tallada económica.

Por outra banda o carril bici debería trazarse pola antiga estrada PO-546, que tras ser arranxada e mellorada deberáse recuperar como vía central de comunicación entre Pontevedra e Marín, e ademais convertería ao mesmo non nun carril bici de paseo senón tamén como servizo ás parroquias e núcleos de casas, sendo así máis común e lóxico o seu uso.

Verdegaia cre que non é de recibo vender como proxecto medioambiental unha nova agresión á ría.

Nese senso, Verdegaia esixe do Concello de Pontevedra e da Xunta de Galicia o compromiso de non planificar máis usos na zoa gañada á ría para proxectos urbanísticos e o compromiso de planificar un plano de devolución á ría do terreo recheo para a construción do complexo ENCE – Elnosa e a autoestrada Marín – Pontevedra. So así serian cribles os compromisos ambientalistas das administracións públicas.