Verdegaia e Amarante inician unha campaña para a incorporacion da Compra Pública Responsable en todos os organismos públicos dende a Xunta, Deputacións e Concellos na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e ambientais na politica de contratación especialmente de bens e servizos. As administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e servizos en Galicia o que esixe compromiso político dos concellos galegos e do Parlamento Galego para facer un uso ético e sustentábel dos recursos públicos.

Amarante e Verdegaia demandamos un consumo responsable tamén na administración pública galega. Por iso presentamos a campaña para a incorporacion da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos dende a Xunta, Deputacións e concellos na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e medioambientais na politica de contratación especialmente de bens e servizos.

Dentro dunha estratexia de defensa da sustentabilidade ecolóxica, a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a pobreza e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou non cumplen cos dereitos humanos.

Por todo isto presentamos unha serie de medidas e propostas coas que pretenden acadar o compromiso político e facilitar a implementación técnica de medidas que permitan profundizar na "compra pública responsable". Neles presentamos tres eixos de actuación:

  • Nun primeiro lugar pediranse compromisos políticos aos concellos galego máis importantes así como ao parlamento galego a través dunha moción de apoio a Compra Pública Responsable que se introducirán por rexistro nun total de 41 concellos: as sete principais cidades galegas xunto con algúns dos concellos máis importantes.

  • Un segundo eixo é a creación de redes de intercambio de información e experiencia entre as administracións públicas equiparándonos as experiencias que xa existen noutras partes do estado e de Europa.

  • Un terceiro eixo de traballo é na formación e asesoramento aos técnicos para axudar a implementación deste tipo de medias a través da publicación de dúas guías sobre a introducción de criterios nas compra de produtos de comercio xusto e de téxtil e uniformes.

No marco internacional e da Unión Europea, a lexislación permite incorporar os criterios sociais, ambientais e éticos nas distintas fases da contratación. Existen tamén múltiples programas e selos (Carpe, Procura+, Respiro, etc.) que facilitan que as administracións públicas poidan facer un uso responsable dos recursos económicos.