planeucalipto4.jpgDe sobra é coñecida a capacidade que teñen os eucaliptos para espallarse con facilidade naqueles lugares onde son introducidos e os efectos negativos que iso supón para a flora e fauna autóctonas. Se ademais son introducidos en zonas ambientalmente sensíbeis, a cousa píntase máis negra aínda se cabe. Pois isto é o que acontece no concello de Ferrol. Nas inmediacións do areal de Santa Comba, en Ferrol, fixéronse dúas plantacións de eucaliptos afectando parte dun bosque de ribeira e dunha duna descalcificada da clase CALLUNO-ULICETEA. Estas dúas parcelas están dentro da zona Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño e do L.I.C. Costa Ártabra.

planeucalipto6.jpgA plantación efectuouse trala ocupación dos novos predios xurdidos da polémica concentración parcelaria levada a cabo na parroquia ferrolá de Cobas, actualmente paralizada nas áreas protexidas. Como xa se ten denunciado, as obras de concentración parcelaria, os recheos de humidais, o anunciado complexo deportivo, etc…constitúen unha seria ameaza para a conservación dos hábitats naturais, da flora e da fauna silvestres que motivaron a inclusión das zonas costeiras de Santa Comba, Sartaña e Ponzos na ZEPA Costa Ferrolterra-Valdoviño e no LIC Costa Ártabra. planeucalipto2.jpgPara Verdegaia, a solución a estas ameazas pasa porque as Administracións Públicas competentes se fagan coa titularidade dos predios deliñados en zonas ambientalmente sensíbeis como formacións dunares e humidais. No NC de Ferrol denunciamos estes feitos ante a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e demandamos que se pohíba, por parte da Xunta de Galicia, a repoboación con especies exóticas ou prexudiciais para estes espazos naturais. Ademais solicitamos que se inste aos propietarios destes terreos repoboados a reposición dos hábitats afectados ao seu estado natural mediante a eliminación dos eucaliptos plantados.