Verdegaia compareceu no 31 de outubro perante a Comisión non permanente do Parlamento Galego para o estudo sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais en Galicia, dentro da rolda de comparecencias de organizacións sociais, axentes económicos, alcaldes, etc, organizada por esta comisión.

Óscar Freire, responsable da Área de Montes de Verdegaia, compareceu na tarde do 31 de outubro perante a comisión de estudo do Parlamento sobre os incendios forestais creada após a vaga de lumes da primeira quincena de agosto deste ano. Verdegaia foi convidada pola comisión, formada por deputados e deputadas do PSdG-PSOE e do BNG -o PP non quixo participar nesta comisión-, para falar das causas e das consecuencias dos lumes no noso país. Ademais de analisar as causas e as consecuencias dos incendios, Verdegaia formulou propostas para combater os lumes, insistindo nunha aposta forte pola prevención, a partir do estudo profundo das causas dos lumes, e nunha nova política de montes sustentable.

Durante a comparecencia entregouse aos membros da comisión o documento de posición de Verdegaia “Os incendios en Galicia. Análise e propostas”.

Descarga aquí a intervención completa de Verdegaia perante a comisión:

Comparecencia de Verdegaia perante a comision de estudo sobre incendios do Parlamento.pdf