Verdegaia colabora coa Sabia, moeda social galega, para difundir este proxecto entre as persoas socias, colaboradoras e voluntarias da asociación.

A Sabia é unha moeda social que busca crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece unha cantidade de moeda limitada a Verdegaia para que desde a asociación poidamos regalar ás persoas que colaboren nas actividades da asociación. Neste momento está pensando especificamente para apoiar o voluntariado das Brigadas Desecucaliptizadoras. Durante as próximas 10 Brigadas as persoas participantes que o desexen poderán recibir de agasallo unha cantidade en Sabias.

A Moeda presentarase o próximo Sábado 17 de outubro na Brigada Desacaciadora que se realizará en Lentille, na comarca do Ribeiro, organizada pola Asociación Veciñal.

Valoramos a colaboración:

Cada persoa que participe nas Brigadas Deseucaliptizadoras, poderá crear unha conta en Cyclos*. Cada vez que colabore, se o desexa, recibirá unha participación en forma de moeda social. Desde A Sabia promoven tamén que as persoas usuarias da moeda, ademais de consumidoras, podan ofrecer produtos ou servizos fomentando desta maneira a circulación e uso da moeda.

*Rexistrase en Cyclos é moi fácil e pode facerse:

A Sabia é un proxecto que está nos seus inicios mais que procede da experiencia de outros proxectos anteriores, vinculados a moedas sociais dixitais e locais, para ofrecer un produto máis maduro que facilita o seu uso, procurando crear unha comunidade centrada no territorio e no ben común. Ofrece unha completa información na súa web e na canle de debate e información en Telegram con titoriais e videos explicativos da moeda e do seu uso.

Ademais de Verdegaia outros proxectos sociais están comezando a apoiar a moeda como a Comunidade de Montes de Couso e Epona Terra entre outros cos que están pechando acordos de colaboración.

A moeda xestionase de maneira voluntaria por un grupo de colaboradores aberto á participación de quen o desexe. Entre as características da moeda están:

  • Moeda dixital de uso sinxelo desde teléfonos móbiles e computadores, co mesmo valor que un euro.
  • Moeda de ámbito galego que representa un compromiso real co consumo de proximidade, co pequeno e mediano comercio e co autoemprego.
  • Mercado online gratuito para ofertas de bens e servizos co que contactar directamente coa tenda ou a persoa que os ofrece e así potenciar os intercambios de bens e servizos entre nós.
  • Mapa para consultar as usuarias con local propio que aceptan a moeda, nos que podes usala.
  • Uso libre e inscripción aberta a todas as persoas e comercios que desexen unir forzas a través desta moeda para recuperar unha cultura da axuda mutua, cooperación e interdependencia

Para máis información a web d’A Sabia e as FAQ