O pasado fin de semana (13 e 14 de marzo) a asociación ecopacifista galega Verdegaia celebrou en Pontevedra a súa IV Asemblea Xeral. Tras analisar o traballo desenvolvido no último ano, avanzouse na elaboración do novo Plano Estratéxico debatendo sobre a relación de Verdegaia coa FEG, Ecologistas en Acción e Amarante. Unha vez fechados estes debates abordouse a planificación de traballo para o vindeiro período interasemblear e elexiuse nova Comisión Permanente e responsábeis de Áreas de Traballo para os videiros dous anos.

A nova Comisión Coordenadora Xeral, que será completada cun(ha) representante por cada Núcleo Comarcal, ficou como segue:

   Comisión Permanente  Áreas de Traballo
 Xan Duro  Coordenador Xeral  
 Begoña Carrera  Vicecoordenadora Xeral  
 Diego R. Vieites  Secretario Xeral  Biodiversidade e Territorio
 Miguel Pardellas  Vicesecretario Xeral  Educación Ambiental
 María Ogando  Tesoureira  
 Roi Seoage    Consumo e Residuos
 Xosé Veiras    Enerxía e Transporte
 Xosé Maria Garcia    Paz e Globalización