O pasado día 10 de marzo Verdegaiacelebrou en Vigo a súa VI AsembleaXeral para avaliar o traballo feito durante o pasado ano e planificar as actividades que se van desenvolver no presente 2012. Deste xeito escolléronse como as catro prioridades da asociación para este ano a modificación da Lei de Costas, a loita polos dereitos sociais, o Plano Director de Acuicultura e o proxecto de base de avións non tripulados que se pretende levar a cabo no concello ourensán de Trasmiras.
Aproveitouse a ocasión para renovar a Comisión Coordenadora Xeral da asociación que pasou a ter a seguinte composición: Coordenación Xeral-Diego R. Vieites, Vicecoordenación Xeral-Miguel Pardellas, Secretaría Xeral-María Ogando, Vicesecretaría Xeral-Nacho Jorganes, Tesouraría-Xián Nieto, Vicetesouraría-Sabela Iglesias, Responsable de Biodiversidade-Diego R. Vieites, Responsable de Educación Ambiental-Sabela García, Responsable de Xustiza Social-Xosé Cadaveira, Responsable de Consumo Responsable-Tamara Roig.
Xa na mañá do domingo 11, realizouse un roteiro polos espazos naturais que dende 1993 restaura a Asociación Fontaíña no litoral vigués.