Verdegaia apresentou alegacións en plazo e forma ao Borrador do Real Decreto que desenrola o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras perante o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, no que entre outras solicita a eliminación do Listado de Especies Exóticas con Pontencial Invasor, documento que non está recollido na normativa de referencia e que semella ocultar escuras intencións por parte do Ministerio

As alegacións apresentadas fixeron referencia, principalmente, aos dous seguintes puntos:

1.- No Borrador do Real Decreto establécense unha serie de excepcións, para certas especies exóticas invasoras de interese cinexético ou pesqueiro, que resultan incompatibles coa conservación da natureza. As especies invasoras constitúen unha das principais causas de pérdida de biodiversidade no mundo, polo que as prohibicións deben incluír todas as especies recollidas no Catálogo, sen excepcións motivadas polos intereses económicos creados ao redor do mundo da caza e a pesca.

2.- No entanto que na páxina Web do MARM se somete a participación pública o "Borrador del Real Decreto que desarrolla el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras" o título do documento do Borrador é "Listado y Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras", o que supón a introducción dun "Listado" que previamente non aparecía. A existencia deste "Listado" onde se inclúen especies coas mesmas características que as presentes no "Catálogo" xera unha enorme confusión. Ademais, é evidente a súa inutilidade, cando as prohibicións recollidas na Lei 42/2007, de 13 de decembro do Patrimonio Natural e da Biodiversidade afectan única e exclusivamente as especies recollidas no "Catálogo". Dá a sensación de que, no fondo, este "Listado" é na realidade un lugar onde meter todas aquelas especies exóticas invasoras conflictivas, nunha tentativa de "contentar" todas as partes: por un lado estarán recollidas como especies invasoras, pero polo outro non estarán suxeitas ás prohibicións e obrigas que si teñen as especies recollidas no Catálogo. Por todo isto Verdegaia solicitou a eliminación do "Listado", e a inclusión de todas as especies alí recollidas dentro do "Catálogo".