Verdegaia solidarízase e convida a participar na concentración que se celebrará o próximo domingo 24 ás 12:00 hs. na alameda de Ortigueira para amosar a oposición aos recheos para a creación unha praia artificial que Portos de Galicia está a levar a cabo no litoral da vila. 
A concentración está convocada polo colectivo Ortigueira Sostible.