O vindeiro Domingo 19 o NC de Pontevedra realiza unha saída ornitolóxica encadrada dentro do programa Vai de Roteiros de Verdegaia. O obxetivo é coñecer a avifauna deste espazo protexido. Con ese motivo realizarase un percorrido en función da marea que regula as posibilidades de observación das aves. Citáremonos ben cedo, ás 8h30 no pavillón de deportes de Pontevedra para estarmos ás 9h no aparcamento da Lanzada (antiga pista de aterraxe) e comezarmos o percorrido.

Recomendamos traer bocatas, prismáticos, telescopios e guías de aves. A saída non será un percorrido a pé pola enseada, senón que constará de desprazamentos e paradas entre os puntos de observación máis interesantes do espazo protexido.

Comezaremos pola desembocadura do Umia (tentaremos estar alí contra as 9h30), logo unha parada en Dena (ás 11h) e outra coa subida da marea na Enseada do Bao, nos miradores que van cara ao Concello de O Grove (por volta das 12.30h). Despois iremos coa preamar a Rouxique a ver a maior concentración de espátulas da Península Ibérica e, por último, achegarémonos á praia da Lanzada na busca de mobellas, parrulos pentumeiro e outras peláxicas invernantes.

A saída será guiada por membros do Grupo de Anelamento Anduriña e membros da Asociación SEO Pontevedra.

Agardamos a vosa asistencia!!
Para máis información:pontevedra@verdegaia.org ou no 646362607cartaz-vai-de-roteiros-xenerico-baixa.png