Cartaz roteiro Vedra 24 maioAlternativas de produción ecolóxica no rural e roteiro polo río Merín (Vedra).

Dentro do programa anual de Vai de Roteiros quixemos adicar unha xornada a analizar a situación do noso rural dende diversas
perspectivas: como lugar para vivir e manter unha actividade económica, como sustento de comunidades humanas e cultura popular, como paisaxe e entorno natural, etc.

Por iso, dende o núcleo comarcal de Compostela deseñamos este roteiro polo concello de Vedra, combinando a visita a unha iniciativa de produción de alimentos en ecolóxico cun percorrido polas beiras do río Merín.

Podes atopar toda a información aquí.