xabresa.jpgO Programa Vai de Roteiros de Verdegaia contará cunha edición de fin de semana polas serras da alta comarca Xabresa, durante os días 22 e 23 de maio de 2010. O sábado 22 de maio sairemos de Compostela (9:00 h.), facendo parada en Ourense (sobre as 11:00 h.), cara á localidade de Porto de Sanabria, onde comezará o roteiro pola Serra da Segundeira.

  Lindando co parque natural do Lago de Sanabria, esta zona veciña da comarca de Viana, en Ourense, é un refuxio da fauna e da flora, pouco explorado polo turismo, onde as paisaxes naturais, con grandes marcas dos ríos que as conforman (ríos Barxacova, Bibei e Tuela) están mesturadas coa pegada humana do pastoreo de gando vacún, fundamental na zona ata hai pouco tempo.

O roteiro é duns 12 Km., cunha dificultade media – alta (a subida dende Porto ten un desnivel importante) 

O domingo 23 de maio, despois de pasar a noite no Hotel Porta Galega da Vilavella (concello da Mezquita), desprazarémonos cara ó sur. Esta vez partiremos da localidade portuguesa da Moimenta e iremos a carón do río Túa, polos camiños do contrabando, ata chegar á zona fluvial de San Ciprián de Hermisende onde comeremos.

Esta ruta, duns 7 Km., transcorre paralela á cunca fluvial do río Túa atravesando prados e zonas de cultivo, infrautilizadas hoxe en día, que nos achegarán á realidade da raia. 

Ademais destes roteiros, que contarán con guías "nativos", o sábado 22, no Hotel Porta Galega, podermos pasar un bo rato cunha sobremesa con sorpresa…

* Para os/as que veñan acompañados/as con pequenos/as estamos xa traballando en plans alternativos.

TÁBOA RESUMO

Saída

Sábado 22 ás 9:00 h. na explanada de facenda en Santiago de Compostela

* Sobre as 11:00 faremos parada en Ourense a recoller xente (lugar de parada: por definir)

Chegada

Domingo 23 sobre as 18:30 – 19:00 a Ourense e sobre as 20:00 – 20:30 a Santiago de Compostela

Roteiros

Sábado 22

Percorrido: Porto – Barxacova

Distancia: 12 Km.

Dificultade: media – alta

Domingo 23

Percorrido: Moimenta – San Ciprián de Hermisende

Distancia: 7 Km.

Dificultade: baixa

Cómpre levar

A comida do sábado e auga

Botas de montaña, roupa cómoda, roupa de abrigo (pola noite refresca), chuvasqueiro (por si chove), gorra (por si fai moito sol…), etc.

Prezo

Socios/as, estudantes e parados/as: 60 €

Non socios/as: 75€

O prezo inclúe o autobús, aloxamento, cea do sábado e almorzo e comida do domingo

Inscricións

Até o 14 de maio escribindo para info(a)verdegaia.org