Segundo Francesco Kjellberg, a corrupción é unha quebra das normas legais ou das normas éticas non escritas relativas a como se debe exercer o servicio público, para proporcionar servicios ou beneficios a certos grupos ou cidadáns de forma oculta, con vontade de ganancia directa ou indirecta. Sen embargo, a quebra destas normas conta cun apoio social xeneralizado. Tomando como punto de partida esta definición, Xosé Santiago Allegue Fernández profundiza nas consecuencias deste tipo de prácticas no marco do estado español: a destrución do territorio e o patrimonio arquitectónico e natural; a mala xestión dos bens públicos; a devaluación democrática ou a perda de calidade de vida da cidadanía.

Coloquio a cargo de Xosé Santiago Allegue Fernández, arquitecto.

Data: 22 de outubro.

Hora: 20.00 h.

Lugar: Fundaçom Artábria , Travesa de Batallóns, nº 7Ferrol

urb_corrup.jpg