O Tribunal Supremo confirmou en sentenza firme a anulación do Plan de Sectorización de Menáncaro, onde, entre outros, o actual alcalde ferrolá, José Manuel Rey Varela, pretendían a construción, en plena Fraga de Menáncaro, de 69 chalets e un hotel de luxo. Aínda que a Fraga de Menáncaro xa estaba en trámites de protección definitiva, pola acción da Comunidade Menáncaro, ADEGA, SGHN, VERDEGAIA e o Colectivo Ártabra 21, así como polas -aínda que lentas- actuacións do anterior grupo de goberno municipal, co apoio do BNG e EU -polo Eixo Verde e o inicio de expediente de modificación do PXOM-, esta sentenza vén reforzar o obxectivo de protección integral da Fraga de Menáncaro. Paradoxalmente, mesmo a propia Xunta, ao aprobar o seu Plan de Ordenación do Litoral (POL), prohíbe expresamente os desenvolvementos urbanísticos nos "Corredores". O POL sitúa grande parte da Fraga de Menáncaro nun dos corredores ecolóxicos definidos.

 

Le a nova completa no blog da Comunidade Menáncaro.