Verdegaia fai parte desta campaña que pretende que a Xunta de Galicia asuma dunha vez algo tan vello xa como a importancia dos tres “R” na política de tratamento de resíduos. Para iso tensesogama lanzado unha ILP para a que se están a recoller sinaturas por todo o territorio e que pide que o goberno galego abandoe o modelo de incineración masiva. Non se trata só de salvar ao Irixo da instalación dunha macroincineradora, trátase de mudar un modelo que non resolve o problema do lixo e é altamente perxudicial para o medio. Calquera política relacionada cos residuos debe partir como premisa dunha visión preventiva que reduza o consumo de materiais, evite a xeración de lixo e non se limite a movelo por todo o país e queimalo case que como única solución.

Podes consultar os lugares onde existen pregos desta ILP aquí.