Sidney Pollack retrataba na súa película "They shoot horses, don’t they?" un concurso de baile nos EE.UU. do tempo da Gran Depresión. O obxectivo era probar a resistencia das parellas de baile, que bailaban ata a extenuación. Coa esperanza no primeiro premio, as parellas bailaban aínda que só fose porque mentres o facían recibían un alimento que a crise non lles garantía na rúa.

Nesta tertulia intentaremos analizar se no capitalismo actual comportámonos dun xeito análogo, como é a pista de baile e cal a música, cal o premio prometido e o final máis probable; pero tamén como parar a tempo e saír ao aire libre.

 A tertulia terá lugar o martes 23 de novembro ás 20:30 h

na Escola Popular (rúa Real, nº 12).

Algunhas ligazóns de interese sobre esta temática:

http://www.decrecimiento.info/
http://www.sevilladecrece.net/
http://www.decreixement.net/
http://areiadosdias.blogspot.com/
http://odecrescimento.blogspot.com
http://www.decroissance.org/
http://decroissance.free.fr/
http://www.ladecroissance.net/
http://www.decrescita.it/joomla/
http://degrowthpedia.org/index.php?title=Main_Page
http://transitionnetwork.org/
http://transitionculture.org/
http://vesperadenada.org/
http://www.nodo50.org/consumirmenosvivirmejor/
http://www.altermundo.org/
http://www.crisisenergetica.org/