imaxe banksyO vindeiro mércores 12 de decembro Verdegaia organiza unha tertulia sobre a situación actual dos dereitos e liberdades civís en relación á capacidade de actuación crítica dos movementos sociais e as respostas represivas por parte de diferentes organismos e corpos do Estado. Contaremos coa presenza de dúas persoas que teñen un papel moi activo na defensa dos dereitos civís e sociais na nosa terra, Borxa Colmenero, do colectivo Esculca, e Laura Bugalho, sindicalista da CIG e activista en multitude de colectivos, que achegarán os seus coñecementos e experiencias. A tertulia comezará ás 20h no local da asociación, na rúa Pombal 18, en Compostela (o local da Troita Armada).

O obxectivo desta actividade é achegar unha análise xeral da situación actual e das mudanzas que poden acontecer no futuro inmediato, falarmos das causas e consecuencias deste panorama para os movementos sociais e a sociedade no seu conxunto e poder formarnos nalgunhas cuestións básicas e prácticas referidas a dereitos e liberdades en contextos de represión. Porén, como é propio destas lerias, o contido vai depender dos intereses e participación das persoas presentes. Queremos convidar especialmente as socias de colectivos da comarca que poidan participar deste interese e preocupacións a partillar a súa visión e inquietudes.

Para animar a reflexión podedes botarlle un ollo a estas ligazóns:

Yo soy 301.

Perdre un ull

http://galizacontrainfo.org/solidariedade-com-silvia-e-j%C3%BAlio

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/52260-b-noticia

http://www.galizacig.com/avantar/novas/4-12-2012/a-audiencia-de-pontevedra-absolve-os-tres-sindicalistas-e-lembra-que-o-dereito-de-fo

http://www.igualdadanimal.org/noticias/6586/tras-un-ano-sigue-abierto-proceso-contra-animalistas-detenidos-22-de-junio-2011

http://www.congresocontralarepresion.org/