A banca ética é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza.

Fronte aos criterios meramente económicos da banca tradicional e á progresiva bancarización das caixas, a banca ética propón unha xestión económica baseada nos fins sociais e non no lucro nin en dinámicas especulativas. Nesta tertulia abordaremos as potencialidades, alternativas e/ou riscos desta opción fronte ao sistema financieiro maioritario. 

    A tertulia terá lugar no local da Escola Popular, na rúa Real nº 12, o martes 25 de xaneiro ás 20:30 h.
 
Verdegaia ten, como asociación baseada no ecoloxismo social, un grande interese neste tipo de alternativas á economía e finanzas dominantes no capitalismo. De feito facemos parte da constitución de Fiare Galiza, o núcleo territorial galego da Fiare estatal. Pero tamén entendemos que este é un ámbito verdadeiramente complexo e con moitas arestas, no que é importante unha revisión e debate permanente dos medios e os fins. É por iso que queremos compartir convosco un momento de reflexión e tertulia darredor  desta temática.

Algunhas ligazóns de entidades relacionadas coa banca ética.


http://fiaregz.wordpress.com/

http://www.fiare.org/

http://www.coop57.coop/esp/home.html

http://www.bancaetica.com/Default.ep3

http://www.lanef.com/

http://www.oikocredit.org/es/inicio

http://www.triodos.es/es/particulares/

http://bancaticabadajoz.blogspot.com/