A revista mensual de información para o debate Tempos Novos decidiu publicar integramente no seu número de setembro o informe de Verdegaia “Unha catástrofe incendiaria sen aclarar”. Tempos Novos ten unha ampla distribución en quioscos.

O informe de urxencia de Verdegaia sobre a intensa vaga de lumes da primeira quincena de agosto, que arrasou case 80.000 hectáreas,  insírese nun dossier no que “varios expertos e expertas analizan sen argalladas as causas, responsabilidades e respostas políticas aos lumes”.

Máis información:

Canal Tempos Novos de Vieiros