O próximo mércores 8 de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade. O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
4 días fai
15 de abril #GalizaConPalestina, novas concentracións nas cidade e vilas do país contra o xenocidio en GazaBDS Galiza Mar de Lumes Galiza por Palestina جليقية من أجل فلسطين
... Ver máisVer menos
7 días fai