Canteira abandonada ValdoviñoO núcleo comarcal de Verdegaia para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ven de presentar unha solicitude ante o Concello de Valdoviño e ante a Consellería de Medio Ambiente para que ambas administracións tomen as medidas necesarias que conduzan á rexeneración ambiental dunha canteira abandonada nese concello. Dita canteira presenta unhas características hidrográficas e xeolóxicas que fan dela -se se toman as medidas que propoñemos- un biotopo ideal para invertebrados acuáticos, anfibios, réptiles e aves (rapinas e acuáticas).

tres_camins_abandonados.jpgEntre as medidas que se solicitan están a eliminación dos vehículos industriais alí abandonados, doutros restos xenerados pola actividade da canteira (bidóns, pneumáticos, etc.), dos galpóns e construcións existentes e a eliminación de especies vexetais invasoras (eucaliptos). Asímesmo consideramos axeitada a creación dunha pantalla vexetal de especies arbóreas e arbustivas autóctonas que protexan a contorna da contaminación e o ruído da estrada colindante, así como o peche perimetral dos terreos da canteira para evitar o acceso de vehículos e o verquido de lixo. Balsas en fase rexeneración canteira ValdoviñoDende o noso núcleo comarcal consideramos que este tipo de actuacións, que supoñen un custo económico mínimo para as administracións, conlevan en cambio un alto poder de rexeneración ambiental, contribuíndo a crear biotopos de altísimo valor ecolóxico -xa existen precedentes de actuacións similares na mesma zona.