MESA REDONDA


SITUACIÓN ACTUAL DA PRAIA DE MIÑO E MODELO DE REXENERACIÓN SOSTIBLE
VENRES 13 ÁS 18:00H NO AUDITORIO DA BIBLIOTECA DE MIÑO

 

Verdegaia apoia as reivindicación de paralizar as obras de recheo da praia Grande de Miño, que dende SOS praia de Miño están a realizar.

Entendemos que as obras de recheo como medida de urxencia, como alegan dende Costas, son unha agresión para a praia grande de Miño, as dunas e marismas do Rio Baxoi integradas na Rede Natura e declaradas zona LIC. praia miño

Dende Verdegaia estamos a organizar unha mesa redonda para o venres 13 as 18h no auditorio da biblioteca de Miño. O obxectivo desta mesa redonda é dar a coñecer, xunto con outras asociacións ecoloxistas, como SGHN, ADEGA, Asociación Fontaíña e a Asociación Galega de Oceanografos de Galicia, cales son os perxuizos destas actuacións que se están a levar a cabo e cales deberian ser os métodos para facer unha rexeneración sostible da praia grande de Miño e de outras moitas que existen no País na súa mesma situación. Desta mesa redonda pretendese sacar un documento técnico que será entregado a Costas, avalado pola Asociación de oceanógrafos de Galicia, solicitando a paralización das obras e a rexeneración sostible da Praia Grande de Miño.

En Verdegaia defendemos que outro modelo de actuación é, non somente posible, senón necesario e por iso gostarianos contar coa vosa participación este venres ás seis da tarde.