O vindeiro sábado día 27 a partir das 10:30h na Praza de Armas de Ferrol, asina en apoio á iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA.aplicacion-efectiva-dos-3-1
O obxectivo que persigue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas, polo que animamos a toda a cidadanía censada en Galiza a achegarse pola Praza de Armas ferrolá na mañá do sábado, ou a poñerse en contacto con calquera dos colectivos (ADEGA, SGHN, Verdegaia, etc.) que apoian esta iniciativa para asinar.

http://galizasenincineracion.wordpress.com/