val_do_mera.jpg

Data: 19 de abril de 2009

Concellos: Cerdido e Ortigueira.

Percorrido total: 14,4 km

Duración: 8 horas e media (condicionado polo tren)

Medio de transporte: FEVE.

Punto de inicio: Apeadeiro de “A Cuqueira”.

Punto de remate: Estación de Ponte Mera.

Prezo: 5€ (socios) e 7,5€ (non socios).

Dificultade: media-baixa.

Indumentaria: roupa cómoda, pantalón longo.

Calzado: tipo “treking”.

Comida e bebida: cada un ten que levar a súa (hai fontes polo camiño).

Recomendacións:

  • non meterse no río por haber especies protexidas (mexillón de río)

  • mirar ben por onde se pisa cando se discorra por senda fluvial

  • non saírse dos camiños e sendeiros para non deteriorar a flora

  • non berrar, non facer ruído nin tirar nada ao chan

  • levar o teléfono móbil en modo silencioso

  • levar roupa de cores discretas

  • seguir as indicacións dos guías e non quedar demasiado atrás

  • non molestar aos animais nin coller plantas para levar

  • non entrar nas fincas particulares

Tendo en conta que dispoñeremos de máis de 8 horas e media, coidamos que é tempo de sobra para facer o roteiro sen présas.

Trátase dun roteiro que se fará case sempre en descenso e no cal percorreremos unha parte do LIC Ortigueira-Mera, en concreto o tramo medio e baixo do Río Mera, visitando a Fraga dos Casás, unha excelente mostra de bosque atlántico.

Contacto: tfno. 661 636 946 / ferrol@verdegaia.org

Percorrido

Comezo na Estación do FEVE de Ferrol, onde colleremos o tren ás 10:30 h. Chegaremos ás 11:24 h ao apeadeiro da Cuqueira, no concello de Cerdido, onde baixaremos para emprender a andaina.

1º tramo: A Cuqueira-Cruce coa pista de terra (Covelo).

Superficie: Asfalto.

Distancia: 1.920 metros.

Por desgraza non temos máis remedio que facer este primeiro tramo por pistas asfaltadas. Tras pasar o lugar de Covelo tomaremos unha pista á esquerda que nos internará na Fraga dos Casás e nos levará ata o río. En calquera caso, valeranos para comezar a familiarizarnos coa paisaxe rural da zona, dominada polas plantacións de eucalipto e piñeiro e, en menor medida, por pastizais e cultivos.

 

2º tramo: Pista forestal pola Fraga dos Casás.

Superficie: Terra.

Distancia: 2970 m. (distancia total: 4.090 m)

Neste tramo visitaremos a Fraga dos Casás, incluida no LIC Ortigueira-Mera. Esta fraga ten unha extensión aproximada de 100 ha., se ben a súa extensión vese menguada continuamente polos cultivos de eucalipto, ao igual que sucede no resto do país. Esperemos que a súa inclusión no LIC poida frear este proceso de degradación, se ben sabemos que esta medida non será sufi (19/04/09): Río Mera (Ferrol)ciente se non se acompaña de otras medidas de control e dun compromiso firme por parte da administración. Neste momento a fraga está ameazada ademais por un novo proxecto de “ruta de senderismo” parecido ao do Río Sor.

Pe (19/04/09): Río Mera (Ferrol)rcorreremos a pista forestal ata chegar a un cruce, onde colleremos á dereita. Este desvío levaranos ao corazón da fraga, onde daremos marcha atrás para chegar de novo ao cruce e dende aí baixar ao río. Poderemos disfrutar dunha grande variedade de flora, con presencia importante de érbedo e de especies de alto valor ecolóxico como Polygonatum odoratum (Selo de Salomón). De (19/04/09): Río Mera (Ferrol)beremos ter coidado de non pisalos, xa que algúns pés medran no camiño.

A fraga conta cunha importante diversidade de especies arbóreas e arbustivas: ameneiro, salgueiro, bidueiro, lamigueiro, carballo, loureiro, cerquiño, pradairo, freixo, piñeiro, acivro, érbedo, abeleira, sanguiño, espiño branco, pereira brava, etc. Como se pode ver, unha alfaia que paga a pena preservar.

Ademais disto, poderemos disfrutar dunha variada presencia de plantas con flores, entre as que son abondosas prímulas, violetas, herba de San Lorenzo, anémonas, narcisos, potentillas, gamones, etc.

En canto á fauna, se temos sorte poderemos escoitar ao corzo “ladrar” mentres escapa de nós ou ver as pegadas na lama doutros animais da fraga coma o porco teixo e o porco bravo. Entre as aves, as máis fáciles de avistar son a pega rebordá, o tordo, o paporroibo e os ferreiros abelleiro e azul, así como o omnipresente buxato.

 

3º tramo: Fraga dos Casás-Ponte da Cardeal.

Superficie: terra (sendeiro de pesca)

Distancia: 1847 m. (distancia total: 5.937 m)

A partir deste momento seguiremos o curso do Río Mera pola marxe esquerda, sempre baixando a carón das súas cristalinas augas. Disfrutaremos dos últimos retazos de fraga e da explosión floras das beiras. Se temos sorte poderemos ver ao escorredío e bailarín merlo rieiro, á sibilante lavandeira real e a varias especies de páridos e sílvidos querenciosos da fraga. A garza tamén é visitante habitual destas soidades. Tamén poderemos constatar como a medida que continuamos o descenso o eucalipto vai substituíndo á fraga, convertindo á paisaxe nun deserto para os sentidos.

 

4º tramo: Ponte do Cardeal-Area recreativa do Refuxio do Río Mera.

Superficie: terra (pista forestal)

Distancia: 950 m. (distancia total: 6.887 m)

Tras percorrer este tramo fácil, faremos a preceptiva parada para xantar na área recreativa “Refuxio do Mera”. Durante este quilómetro escaso, e ata chegar á zona habitada en Ponte Noval, veremos xa como a fraga vai sendo reducida e afogada entre eucaliptos.

5º tramo: Área recreativa-Ponte Noval

Superficie: terra

Distancia: 3181 m (distancia total: 10.070 m)

(19/04/09): Río Mera (Ferrol)Continuamos o noso descenso polo curso medio do río saíndo da área recreativa por un camiño que a pouco se convirte en sendeiro estreito e algo irregular. Máis ou menos a metade do tramo chegamos ao lugar chamado As Revoltas, por razóns obvias. Aquí poderemos ver con sorte algún parrulo ou algunha garza, e unha das xoias florísticas do río, o felgo do terciario Woodwardia radicans. Na parte final volvemos a un camiño agradable que nos leva ata o lugar de Ponte Noval. Aquí, se temos bon día, poderemos ver ás lagartixas asolearse nas pedras da ponte. Perto de aquí está o aloxamento rural dos Muíños do Vilar, situados xunto ao Rego de Guitín, que desemboca no Mera xunto á ponte.

 

6º tramo: Ponte Noval-Ponte do FEVE

Superficie: terra (sendeiro de pesca) e pista de zahorra

Distancia: 1978 m (distancia total: 12.048 m)

Baixamos da ponte polo lado contrario e rodeando unha caseta atisbamos o sendeiro, que continúa agora pola beira esquerda. Pagará a pena, antes de alonxarnos, volverse para botar unha ollada á ponte de pedra de triple arco.

A partir de agora a paisaxe cambia, podendo afirmar que se trata dunha paisaxe típica da Galicia rural, con hortas, pastizais e froiteiras. Por desgraza atoparemos outro elemento tipicamente galego: as barreiras que impiden o paso pola beira do río (ollo cos pastores eléctricos!). Atoparemos bos exemplares de ameneiro e de pereira doméstica. Tras sortear varios regos e tendo coidado de non esvarar, terminaremos por ter que saír a unha pista de zahorra paralela ao río, que nos levará ata a ponte do FEVE, un fermoso exemplo de como a arquitectura civil non ten por que destruír a paisaxe, senón que pode contribuir a facela máis interesante (algúns enxeñeiros de hoxe en día deberían tomar boa nota).

7º tramo: Ponte do FEVE-Estación de Ponte Mera

Superficie: terra (sendeiro fluvial) e asfalto (pistas).

Distancia: 2.350 m (distancia total: 14.398 m)

Tras pasar baixo os arcos da ponte continuamos de fronte pola pista asfaltada uns 150 metros ata ver o sendeiro fluvial de novo, á dereita. Nesta zona veremos unha lamentable tala das que adoita facer Unión Fenosa, sen respetar nin sequera a vexetación de ribeira. Collemos novamente a senda fluvial ata chegar á área recreativa da Illa do Río Mera, despois de andar uns 700 m. Cruzamos a área recreativa en dirección Leste e saímos á estrada tras cruzas a ponte de madeira. Xiramos á esquerda, e tras percorrer uns 200 metros de estrada, collemos a pista que sae á dereita ata chegar a unha pequena ponte do tren. Cruzamos a ponte e collemos o camiño que sae xusto á esquerda e que nos levará, tras un novo xiro á dereita, ata a Igrexa parroquial de Santiago, en Mera de Abaixo, de 1829. Dende aquí poderemos disfrutar dunhas inmellorables panorámicas do val e da Serra da Capelada, enfronte. Paga a pena botar unha ollada á inscrición situada na porta do panteón dos Pita do Souto, coronada por unha calavera. Dende aquí dirixirémonos xa cara ao final da nosa andaina, na Estación (pechada) do FEVE en Ponte Mera, non sen antes botar unha ollada ao Pazo do Souto. Por desgraza (esta será a última, salvo que se atrase o tren) os eucaliptos non nos deixarán disfrutar plenamente da vista sobre a Ría de Ortigueira, na que desemboca finalmente o Mera que nos acompañou amablemente durante todo o noso percorrido.