Verdegaia organiza o domingo 17 de febreiro o roteiro polo río Mero, clásico roteiro pero esta vez coñeceremos as problemáticas ambientais da súa contorna. Percorreremos as beiras do río Mero por pistas de terra dende O Burgo ate a presa de Cecebre. Disfrutaremos do entorno natural coa vexetación típica de castiñeiros, carballos, bidueiros, …así como una enorme variedade de fentos e prantas. Visitaremos a casa de Wencelao Fernádez Florez e o que queda da Fraga de Cecebre. Ademais coñeceremos a problemética da ría do Burgo, a mobilidade na área metropolitana e o transvase Meirama-Cecebre.
Como chegar:
O domingo 17 de febreiro quedamos na estación de Renfe de A Coruña as 10’30h. Colleremos o tren as 11h ate a parada de O Burgo. Iniciaremos o roteiro as 11’30 da ponte romana do Burgo, Cambre, na parte do paraugas. Estaremos de regreso sobre as 18’30h.
Que levar:
Comida, impermeable por se nos chove, calzado cómodo.
Para se anotar:
Correo-e: info@verdegaia.org
Teléfono: 676029049
Mais Info:
Horarios Renfe: Tren Santiago-Coruña 10’18h chegada 10’52h
O plano de percorrido: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2232904
Sobre o roteiro: http://www.cambre.es/imgs/xtras/naturaleza/nat_v4ESP.swf