rutaSaída ás 10:40 da estación de FEVE en Ferrol, o domingo 22 de febreiro

Chegada ás 12.17 horas ao apeadoiro de FEVE en Loiba

Percorrido a pé de 12,5 kms, dende Loiba, de dificultade baixa, pasando por O Picón, Xuncos, Rubido e Mazorgán, treito de costa incluída nos LIC e ZEPVN Estaca de Bares, que conta con habitats ben conservados de “Acantilados con vegetación atlántica y báltica” (1230), “Vegetación anual sobre desechos marinos acumulados” (1210) “Brezales secos costeros atlánticos” (4040) e “Prados hidromorfos” (6420), ademáis de algún pequeno bosque de ribeira e, puntualmente, masas caducifolias de recolonización.

Despois de chegar á aldea de Mazorgán baixaremos ata a praia do Bimbeiro, onde se perciben perfectamente as consecuencias paisaxísticas e medioambientais da colonización que fixo o uso residencial sobre espazos agrícolas-costeiros. Alí, faremos o xantar. Despóis dun descanso, continuaremos polas praias de Arxúa e San Antón en direccion Espasante.

En Espasante poderemos observar a estrutura tradicional do lugar que, aínda que deturpada pola edificación máis recente, conserva a súa escala. Continuaremos polo paseo da praia da Concha ata cruzar o río de Ola e achegarnos, camiñando ao carón do seu curso, ata a igrexa parroquial. No bar que está no cruce coa estrada autonómica faremos outro pequeno descanso antes de dirixirnos ao apeadoiro de FEVE.

Regreso ás 20.22 dende o apeadoiro de FEVE en Espasante

Chegada ás 21.44 á estación de FEVE en Ferrol

O prezo do roteiro pagarase o propio domingo, e corresponderá ao prezo do billete do FEVE (rondará os 6€). A comida e bebida será por conta de cadaquén.
 
O contacto para inscribirse no roteiro será:
Miguel Reimúndez: 617 234 690 (miguelrey@coag.es)
A data máxima para inscribirse será o venres, 20 de febreiro.


pena furada

 

 

 

cantis

 

 

 

 

 

mato

 

 

 

 

 

muiño de vento