O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Verdegaia, segue realizando actividades de diversa índole encamiñadas á consecución da protección efectiva e á divulgacióndos diversos valores deste prezado espazo natural, desta volta unha interesante palestra organizada polo Centro Social Faísca e impartida polo compañeiro Afonso Rodríguez “Maravillas” sobre a riqueza patrimonial,  a mitoloxía e a historia da Serra. A actividade terá lugar o vindeiro venres 20 de maio ás 20 h. no local do Centro Social Faísca sito na viguesa rúa Toledo,nº9.

A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, alberga numerosos valores naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais polo que dende este movemento social pensamos que teñen que ser protexidos amparándose nas lexislacións europea, galega e municipal vixentes.

Dende o movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” solicitamos a protección da Serra porque queremos seguir tendo un referente paisaxístico para as bisbarras do Val Miñor,Vigo, A Louriña, Baixo Miño e O Morrazo, un rico patrimonio xeolóxico e hábitats que acollen flora e fauna de escasa presenza en Galicia. Queremos seguir disfrutando dos petróglifos e das mámoas, das numerosas cavidades existentes na Serra, que foron abrigueiro de pastores e canteiros, e do seu rico patrimonio inmaterial. Queremos continuar coa xestión de aproveitamento multifuncional que moitas Comunidades de Montes fan do Galiñeiro.

Toda a Serra ofrece numerosos servizos económicos, de lecer, deportivos e culturais nunha área tan densamente poboada como é a área metropolitana de Vigo, a os que temos que sumar os aspectos didácticos relacionados coas Ciencias Naturais e Sociais. O Galiñeiro abasteceas traídas de augas da veciñanza de toda esta área e tamén acolle pastoreo de gando ceibe: cabalos, vacas e cabras.

Denunciamos os proxectos e actuacións altamente impactantes que destragan a Serra, impulsados por un desarrollismo que ignora as súas catastróficas actuacións: plantacións de especies foráneas como eucaliptos ou piñeiros, zonas inzadas de acacias, proliferación de canteiras, moitas delas ilegais, e outras sen a debida restauración. Presión de grandes infraestruturas como a construción de parques eólicos e estradas de circunvalación de áreas urbanas, son novas ameazas que se suman á deterioración habitual de pistas e movementos de terra sen control, aos vertedoiros incontrolados de lixo e entullos, ao tránsito frecuente de motos de cross equads fóra dos camiños e incluso á acampada ilegal.

Ademais, consideramos que ainiciativa levada a cabo no ano 2008 por Verdegaia de facer que o Galiñeiro ampliase o espazo natural protexido que representa o Parque Natural do Monte Aloia, ten cada día máis argumentos.

Nestes datas preelectorais, nas que a algúns políticos ocórrenselle outros usos para a Serra do  Galiñeiro, nós atopamos nel, máis valores que salvagardar. E a pesar de que Terra do Ventoteña asignado un polígono eólico nesta serra, no momento de presentar o proxecto eólico o seu Informe de Impacto Ambiental terá que facer fronte a moitos valores descubertos e outros pendentes de poñer en valor.