A Asociación de Consumo Responsable do Val Miñor (ACREXOVAL), está levando a cabo unha campaña polo transporte sostible. Dentro desta campaña, elaboraron un documento aberto sobre a situación e posibles alternativas de transporte sostible no Val Miñor. A súa intención é que este documento sexa coñecido pola sociedade e solicitan a quen o lea que lles aporte os comentarios que considere precisos, de xeito que sirvan para enriquecer dito documento.

Descarga o documento 


Para achegar os vosos comentarios, escribide un correo electrónico a:

acrexoval@yahoo.es


Tamén no marco desta campaña implantaron un servizo de coche compartido. Este funciona como unha dobre base de datos onde se anotan os demandantes e os ofertantes de prazas de automóbil, facilitando o contacto entre ambos grupos. Con estas viaxes compartidas divídense os custos e multiplícanse os beneficios, tanto ambientais como económicos. Pódese acceder a este servizo no enlace:

www.valminor.info/acrexoval