frenaelcambioclimaticoSegundo aniversario da entrada en vigor do Protocolo de Quioto

 O 16 de febreiro de 2005 entrou en vigor o Protocolo de Quioto. Este acordo internacional aplícase aos países industrializados e fixa límites ás emisións de dióxido de carbono (CO2) e doutros gases que provocan o cambio climático. Se non se reducen drasticamente as emisións destes gases ao longo das próximas décadas, a comunidade científica advírtenos que as consecuencias ambientais, sociais e económicas serán moi negativas para o conxunto do planeta, tamén para a nosa terra.

No marco do Protocolo, España comprometeuse a non superar en máis dun 15% as emisións de gases de efecto invernadoiro que había en 1990 para 2012. Porén, en 2006 xa emitiu un 52% máis, sendo o estado europeo máis afastado do cumprimento de Quioto. Galicia contribúe a iso, pois en 2005 xa emitira un 45 % máis que en 1990.accion_da_da_terra_2006

O desafío do cambio climático, pola súa urxencia e dimensión, esixe unha resposta enérxica por parte dos poderes públicos e da cidadanía, moi especialmente nos países enriquecidos. Se ao longo dos próximos 10-20 anos non se dá esa resposta, as consecuencias do cambio climático serán moi desastrosas. O cambio climático é unha ameaza certa, mais tamén unha oportunidade para impulsar a transición cara a sustentabilidade. Cumprir o Protocolo de Quioto a través de cambios estruturais, sobre todo nos sectores da enerxía e do transporte, é unha contribución moi valiosa para unha Galicia e un mundo sustentables.

 

 

Documentos

10 consellos contra o cambio climático

Gráficos de emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia por sectores.

Moción Municipal sobre Cambio Climático

Informe de Verdegaia sobre as térmicas de carbón galegas e o cambio climático

–   Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa. Horizonte 2012

Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión 2008-2012

– Climate Change 2007: The Physical Science Basis (Castelán)

Ligazóns

–  Intergovernmental Panel on Climate Change (IPCC)

Climantica. Xunta de Galicia

Rede Española de Cidades polo Clima

Observatorio Cambio Climático. MMA

United Nations Environment Programme. Climate Change

Alianza do Clima